|
San Esteban de Gormaz (Galego)
Referencia Histórica
|
San Esteban de Gormaz é unha vila
castelá situada a 70 quilómetros da capital soriana, a
28 quilómetros do xacemento arqueolóxico do Tiermes e a 45 quilómetros de
Aranda de Duero. Está ubicada estratexicamente entre a ribeira superior do río
Duero e un outeiro sobre o que se levantan os restos do seu castelo. Os primeiros vestixios datan do
Neolítico Calcolítico (na "Cueva de las Salinas"). Tamén existen reseñas da etapa celtíbera, aínda
que a súa presencia máis destacada céntrase na época romana tal e como o
demostran os abundantes achádegos atopados: inscricións, cerámica e elementos
arquitectónicos e decorativos. |
 |
Sen embargo, o papel máis
importante de San Esteban de Gormaz na Historia de España foi durante a
Reconquista.
 |
No ano 883 Alfonso III
conquistou estas terras e refortificounas, situando a fronteira entre mouros
e cristiáns no río Duero. No ano 912 repoboouse por Gonzalo Fernández.
A partir de entón, San Esteban de Gormaz vai a ser testemuña de múltiples
batallas entre reinos mouros e cristiáns, pasando a posesión da Vila
continuamente das mans duns ás doutros continuamente, segundo ía evolucionando a contenda.
Rematada a Reconquista, a
Vila introdúcese nun letargo que derivará nun retroceso político,
económico e demográfico. As duras condicións climatolóxicas e as sucesivas
epidemias reduciron drasticamente a súa poboación. No século XX
rexurgirá gracias ó asentamento de varias industrias que serán o
complemento para unha, aínda, numerosa poboación agraria, frenando a
emigración rural cara ás cidades. Actualmente, a Vila alberga unha
completa infraestructura de servizos públicos e comerciais que garanten
a estabilidade e o bo servizo ós cerca de 2.500 sanestebeños que
residen nela. |
Arco da Vila, Praza Maior e Rúa
Maior
Entrando na Praza pola estrada, atopámonos co Arco da
Vila, que foi porta de entrada á antiga muralla. Na súa parte posterior
conserva un escudo coas armas de Diego I López Pacheco o Gran, o que fora
Conde de San Esteban de Gormaz durante os anos 1501 e 1529.
|
A Praza Maior ten forma cadrada e intégrana un conxunto de edificacións porticadas. Na fachada oeste está a Casa do Concello
construído na década dos noventa. Este edificio levantárase a imitación do que
houbera no mesmo lugar desde 1629 ata 1966; ano no que xeito desacertado se substitúe por outro máis moderno pero menos integrado no
entorno. En 1994 a Duquesa de Alba (condesa de San Esteban) inaugurou o actual Casa do Concello, que devolve á Praza parte do esplendor perdido. |
 |
A Rúa Maior atravesa lateralmente a Praza Maior e continúa coas galerías porticadas en dirección oeste. En toda a Rúa atopamos as
casas máis ilustres da Vila, edifícios de pedra blasonados con escudos
pertencintes a famílias nobres. Destaca o inmueble coñecido como Cuartel Vello
(utilizado como caserna da Guardia Civil na primeira metade do século). Na súa
fachada aprécianse, ademais do escudo, diversas lápidas de orixe romana e un
sillar decorado de orixe visigodo.
Igrexa de San Miguel
Da Rúa Maior, pola dereita, nace a Rúa San Miguel. Esta rúa empedrada e estreita condúcenos cara un un dos edificios máis emblemáticos e sorprendentes da
arte románica. Construírase en 1081 polo Mestre Julianus (pódese ler sobre
o arco de entrada ó pórtico). Esta data convírtea na primeira igrexa
románica porticada da provincia e unha das pioneiras do románico e Castela e
León.
 |
A súa galería porticada está orientada cara ó sur e consta de sete arcos
sobre muro corrido, só interrompido polo van central que sirve de porta. O
tipo de edificación é sinxela. Consta dunha soa nave con cuberta de
madeira, orientada cara un corpo absidal semicircular que a pecha. Algo
posterior é a torre de base cuadrada agregada ó edificio, construída no
tramo inferior de pedra e no superior de tixolo, mostra da forte
influencia musulmana que predomina no resto do edificio e sobre todo nos
elementos decorativos. |
Igrexa de "Nuestra Señora del Rivero"
É a igrexa de maior devoción na Vila, mercé á súa venerada Virxe do
Riveiro. Situada estratexicamente nun oitero, domina desde o seu pórtico
toda a ribeira do Duero (de aí o seu nome).
|
Construírase na
primera metade do
século XII e mantén o mesmo estilo e estructura que San Miguel, aínda que
con maiores dimensións. Os elementos decorativos son máis perfectos,
conservando a influencia islámica. Ó pórtico
accédese por unha longa
escalinata. Á dereita da porta
nótanse cinco arcos de medio punto
sostidos por longas columnas e belos capiteis, e a esquerda tres arcos
lisos que substitúen os orixinais perdidos. Dentro do pórtico consérvase
o arco sepulcral de Vistas Pascal, protagonista da famosa lenda do
"Vado de
Cascajar". |
 |
No interior destacan un sobrio retábulo do século XVII,
que alberga á Virxe do Riveiro e o coro cun magnífico artesoado de madeira,
do século XVI. A igrexa loce na súa fachada unha espadana engadida no século
XVIII que lle dá volume e grandiosidade.
Ponte Medieval
 |
A longa ponte romana de pedra, que cos seus dezaseis ollos
atravesa o Dueiro, é un dos elementos que marcou a historia de San Esteban de
Gormaz. Era un dos poucos pasos que permitía cruzar o río Dueiro no
medievo, a fronteira entre os reinos cristiáns e Al Andalus. Seguramente
está fundamentado en outra de orixe romana que, pola súa importancia,
foi continuamente reparada, conservada e ampliada polos sanestebeños
ó
longo dos séculos, segundo as esixencias da época. |

Han participado en la traducción (por orden alfabético):
Margarita Esteban Muñecas
Ricardo Seijo
Xosé Lois Bouzas Millán
Octubre de 2001
|

Web desarrollada por:

Ahora mismo hay 10 visitantes activos
|